Inicio Acción educativa Proxectos Proxecto Abalar

Proxecto Abalar

O noso colexio, sempre tentando mellorar en innovación educativa, leva traballando no Proxecto Abalar dende os seus inicios polo ano 2011.

No primeiro ano do proxecto, a Consellería de Educación, dotou á clase de 1º da ESO dun completo equipamento informático, miniportátiles para todos os alumnos da clase, proxector, pizarra dixital, portátil do profesor e armario de carga.

O seguinte ano, a dotación foi unicamente dos miniportátiles para os alumnos, e o centro asumiu o resto da informatización.

Con todo este equipamento, diferentes recursos educativos e os cursos de formación aos que asistiron os docentes, a metodoloxía na aula cambiou para adaptarse e integrar as novas tecnoloxías.

Preténdese que todo o alumnado, ao completar a súa formación alcance a “competencia dixital”, que non só implica o dominio das TICs, senón tamén o seu uso seguro e crítico.