Inicio Colexio Documentos Propios do Centro Plan xeral de atención á diversidade

Plan xeral de atención á diversidade

A Atención a Diversidade é o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

A atención a diversidade seguirá os principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia.

 

      Os obxectivos máis salientables a acadar con este plan son:

 

  • Priorizar as actuacións e medidas de carácter preventivo e de detección temperá, así como as de carácter ordinario fronte ás de carácter extraordinar

 

  • Identificar as necesidades  e  adecuar  a  resposta  educativa  ás  diferentes  características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses, e situacións sociais e culturais do alumnado.

 

  • Organizar os recursos humanos e materiais do centro co fin de dar unha resposta educativa axeitada a todo o alumnado, en especial a aquel que presenta necesidades específicas de apoio educativo.

 

  • Garantir a actuación coordinada de todo o equipo docente para a correcta aplicación das medidas de atención á diversidade.

 

  • Potenciar a acción titorial.