Inicio Noticias Cultural Classes Burlington

Cultural Classes Burlington

Os alumnos de ESO asistiron hoxe xoves a unha clase de cultura anglosaxona impartida por un experto da editorial que empregamos para o noso libro de texto.
Nesta actividade os alumnos poideron descubrir varios aspectos interesantes da cultura británica que son chamativos dende a nosa perspectiva.
A actividade foi moi dinámica xa que os alumnos participaron activamente nesta actividade. É seguro que ademáis de divertirse poideron aprender cousas moi útiles.