O pasado xoves tivo lugar unha nova proposta organizada polo grupo Mergúllate, que continúa promovendo encontros de interese para as familias e ofrecendo ferramentas útiles para o día a día.
Nesta ocasión, contamos con José Abuín, enfermeiro, formador acreditado en soporte vital básico e avanzado e membro activo de equipos de intervención sanitaria en emerxencias.
Foi el, de maneira totalmente altruísta, o encargado de impartir unha sesión práctica sobre primeiros auxilios, centrada na RCP (reanimación cardiopulmonar) en adultos e nenos, así como nas manobras de actuación ante atragoamentos, incluíndo tamén casos de lactantes.
Foi unha formación moi útil e participativa, onde incluso se recreou unha situación de emerxencia coa colaboración dun papá voluntario, ao que agradecemos moito a súa implicación.
Ao remate, compartimos un café nun ambiente distendido, intercambiando impresións e resolvendo dúbidas.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.