O día 23 de novembro, os alumnos de 2º de ESO do noso colexio, acudiron ao Concello, acompañados de dúas profesoras para participar no acto que preparou o Centro de Información á Muller (CIM) dentro da campaña #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias. O acto consistíu na lectura conxunta dun manifesto para conmemorar o día contra a volencia de xénero.
A alcaldesa, trala benvida aos alumnos e profesores de todos os centros da comarca, deu paso en primeiro lugar a tres alumnas do noso colexio, que fixeron as súas propostas en nome de todos os alumnos e alumnas do colexio da Asunción, sinalando como prioritarias as seguintes:
- Que as institucións responsables articulen todos os recursos ao seu alcance para loitar contra esta secuela social, remando todas na mesma dirección.
- Que as mulleres teñan unha resposta inmediata e efectiva cando piden axuda, garantindo a súa seguridade e propiciando o seu benestar e o dos seus fillos e fillas.
- Que as institucións manteñan a vixilancia e a atención ás mulleres unha vez abandonados os recursos de acollida para que ela e os seus fillos e fillas se sintan protexidas e acompañadas no seu proceso de vida independente e autónoma.
- Tamén queremos pedir de forma especial neste acto que se doten de todos os recursos e todas as institucións se coordinen para atender aos menores que son vítimas de violencia de xénero. Convén lembrar que eles son tamén directa, ou indirectamente, vítimas de violencia de xénero. Dende o ano 2013, 27 nenos e nenas foron asasinados a mans das parellas ou ex-parellas de mulleres vítimas de violencia de xénero. Son moitos os nenos e nenas que a sofren a diario no seu propio fogar, temos que protexelos.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.