Inicio Noticias Saída cultural dos alumnos de 3º e 4º ESO

Saída cultural dos alumnos de 3º e 4º ESO

Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron o xoves, 29 de novembro, a Misión Biolóxica de Galicia e o Museo de Pontevedra.

Na Misión Biolóxica participaron na Semana da Ciencia do Consello Superior de Investigacións Científicas, tomando parte en varios talleres adicados a distintos aspectos de investigación agraria. Esta actividade polas súas características teórico-prácticas tivo un gran valor pedagóxico.

No Museo de Pontevedra realizaron unha visita guiada adicada a arqueoloxía castrexa e romana, a industria de Sargadelos e a vida e obra de Castelao.

No tempo de xantar dispuxeron tamén de tempo libre para coñecer o casco histórico da cidade de Pontevedra.