Inicio Noticias Taller de microbioloxía

Taller de microbioloxía

O día 27 de maio de 2021, organizado por Tecnópole e dentro da feira científica “Galiciencia” levouse a cabo un taller online denominado “Microbioloxía para entender o mundo”.

Dito taller foi seguido polos cursos de 3º e 4º da ESO a través da canle de youtube de dito organismo, con emisión en directo que o alumnado poido seguir nas súas aulas.

Previo ao taller, enviáronlles un kit que incluía material para a realización do mesmo e unha serie de agasallos (camisetas, lápices….). 

Nesta emisión, por medio de exemplos cotiás descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no seu día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo das probas PCR  para entender como se pode usar para o diagnóstico de enfermedades e diseñaron os seus propios cebadores a partir do material entregado previamente.

Os alumnos estiveron moi entretenidos e interesados nesta novidosa iniciativa.