Inicio Noticias Plogging no Camiño

Plogging no Camiño

O día 15 de outubro, os alumnos de 2º de ESO levaron a cabo unha actividade de plogging ao longo do tramo de entrada do Camiño de Santiago nesta localidade. Os alumnos recolleron neste tramo, coas debidas medidas de protección, obxectos reciclables e lixo durante a clase de Educación Física. Os participantes nesta actividade andiveron, correron e fixeron diversos exercicios neste período. Esta combinación de actividades que é o plogging foi ben acollida polos alumnos e profesores participantes, polo novidoso desta iniciativa e pola gran concienciación medioambiental que implica.