Inicio Noticias Charla Garda Civil 5º e 6º de EP

Charla Garda Civil 5º e 6º de EP

Hoxe, mércores 30 de novembro, o alumnado de 5° e 6° de primaria asistiu a unha charla sobre violencia de xénero. Esta charla forma parte do Plan Director e foi impartida por un profesional do corpo da Garda Civil, que tocou aspectos tan relevantes como os prexuizos existentes hoxe en día na nosa sociedade, a linguaxe discriminatoria empregada aínda por moitas persoas e mesmo polos medios de comunicación, as dificultades coas que se atopan as mulleres para exercer determinadas profesións ou as letras das cancións máis populares e escoitadas na actualidade. Os rapaces amosáronse atraídos por este tema e participaron activamente, realizando preguntas e aportando opinións. Foi unha charla moi interesante e de moita actualidade, sendo preciso abordar este tema desde todos os ámbitos posibles para intentar cambiar a sociedade machista que aínda persiste ao noso arredor.