Inicio Noticias Saída cultural 1º Trimestre 1º e 2º ESO

Saída cultural 1º Trimestre 1º e 2º ESO

Os alumnos de 1º e 2º da ESO, realizaron hoxe, 8 de novembro, a saída cultural do 1º trimestre, acompañados das súas titoras e o profesor de Historia.

O noso destino Ribadavia e Ourense.

En Ribadavia, con Iván, guía da Oficina de Turismo, coñecemos un pouco mellor a historia do Conxunto Histórico de Santo Domingo. Ademáis vimos a Capela do Portal, estivemos facendo un descanso na Praza Maior e percorremos o barrio xudeu, onde o profesor de Historia explicounos a historia dos xudeus en Ribadavia. 

Ademais neste municipio, os alumnos de 1º e 2º tiveron que atopar diversos elementos arquitectónicos que lles pedían nos retos que lles puxemos os profesores.

A continuación desprazámonos a Ourense, onde xantamos e desfrutamos dun tempo de lecer antes de pasear polas súas rúas ata chegar á Catedral, onde novamente o profesor de Historia deulles unhas explicacións sobre a mesma e propúxolles unhas novas probas que tiñan que documentar mediante diversas fotografías. Por último, antes de regresar, fixemos unha pequena visita ás Burgas, onde os alumnos quedaron moi sorprendidos da elevada temperatura á que saía a auga e da razón pola que isto ocorría.

Pasamos unha xornada moi didáctica e proveitosa ademais de moi entretida.

Se queredes ver o ben que o pasamos mirade a nosa galería de fotos.